Sunday 05 de May de 2024

Máis de 200 crianzas desfrutaron da gran festa do Día do/a Neno/a en Frades, con inchables, xogos populares e música en directo


Máis de 200 nenos e nenas xunto cos seus familiares celebraron na piscina municipal de Papucín a décimo quinta edición do Día do/a Neno/a. Debido as condicións metereolóxicas desfavorables a asistencia a esta festa veuse reducida respecto aos anos anteriores.

O Concello de Frades mantivo nesta edición os grandes atractivos de edicións previas, como os inchables, tanto na piscina como fóra, o tren turístico e os xogos populares. A novidade este ano foi a incorporación da varredora, unha divertida atracción na que as crianzas teñen que esquivar unhas xiratorias sen perder a posición.

Os cativos e as cativas tiveron unha gran merenda, na que houbo granizados e lambonadas. Despois tanto crianzas como persoas adultas asistiron a unha actuación musical “cirkote” de Kote Malabar. Un espectáculo compartido por toda a familia, especialmente polos nenos e nenas que divertíronse moito coa actividade humorística, que contou con malabares e unha función de “clown”.